CARLOS MARX: O ETERNO REBELDE

Carlos Marx cumpre 200 anos o 5 de maio do 2018. E cúmpreos porque segue vivo, aínda que o mesmo soltase unha sonora gargallada se alguén lle predicira que dous séculos despois sería un home polémico. Amado e odiado no planeta Terra, foi segundo unha enquisa (coa marxe de erro que ten calquera) o home máis publicado no milenio e por iso é polo que se lle concede o primeiro lugar entre os homo sapiens. A súa obra cume O Capital é un dos libros máis comercializados da historia humana, malia que non creo sexa entendido por todos os que lean esa monumental obra, hoxe usada como...