Charlie e a fábrica de chocolate

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes... Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que...